Sirena del Norte, La
Sirena del Norte, La
Semanario publicado en Viveiro a partir do 29 de agosto de 1918. Cesou o 15 de abril de 1919 (nº81). Subtitulouse “Periódico católico de acción social”. Dirixido por Fernando Pérez Barreiro, foi o sucesor de Pro Neutralidad, do que seguiu a súa tendencia xermanófila e a numeración. Elaborado polos membros da Juventud Católica de Viveiro, caracterizouse pola súa tendencia apostólica e conservadora.