Sirio

Sirio
[ASTRON]

Estrela á da constelación de Can Maior. É a estrela máis brillante do firmamento; ten un raio de 1,8 veces o do Sol, unha masa de 2,4 veces a masa solar e unha luminosidade intrínseca que supera en 26 veces á do Sol. Arredor de Sirio xira unha estrela anana branca denominada Sirio B, que ten unha magnitude visual de 11,3, unha masa case igual á solar, e un raio que é unicamente o 3,4% do raio do Sol. A existencia de Sirio B, predita por F. W. Bessel, foi confirmada por Alvan Clark en 1862.

Palabras veciñas

siringotomía | siringótomo | sirinxe | Sirio | sirio -ria | sirioantioquense | Sirius