sirioantioquense
sirioantioquense
(
-
adx
Relativo ou pertencente ao patriarcado de Antioquía da Igrexa Siria.
-
s
[RELIX]
Cristián pertencente ao patriarcado de Antioquía da Igrexa Siria.
-
rito sirioantioquense
[RELIX]
Rito propio do patriarcado de Antioquía da Igrexa Siria. Practícano os cristiáns pertencentes a este patriarcado (que non hai que confundir cos patriarcados homónimos melquita ou maronita) que habitan en Siria, Iraq, Líbano e o S de Turquía, e polos cristiáns xacobitas do Malabar (India) e os seus irmáns católicos chamados malankares. Emprega a lingua siria, aínda que na práctica litúrxica é moi frecuente a utilización do árabe e, en India, a do malaialam.