Sirmium
Sirmium
Antiga cidade de Panonia inferior que corresponde á actual Mitrovica (Vojvodina). Colonia romana (s I), foi sede do gobernador da Panonia secunda. Centro do arianismo, celebráronse nela diversos concilios, dos que destaca o de 357, onde foi aprobada unha fórmula que rexeitaba toda mención do termo ïõóá ἱ á (substancia), mesmo na fórmula de compromiso homoioúsios da especulación trinitaria, e afirmaba a subordinación do Fillo ao Pai. Rexeitada en Ancira (359), foi avalada novamente polo Concilio de Sirmium de 359.