Siro de Pavia, san
Siro de Pavia, san
Bispo. Discípulo de san Pedro ou de san Hermágoras de Aquileia, foi o primeiro bispo de Pavia. Segundo a lenda, tivo un papel importante na multiplicación dos pans que fixo Xesús. Represéntase con vestiduras episcopais e leva como atributo persoal un pan na man. A súa festividade celébrase o 9 de decembro.