Sistallo, San Xoán de
Sistallo, San Xoán de
Igrexa parroquial situada en Cospeito. Construíuse entre mediados do s XVIII e o s XIX. O edificio, de cachotaría de granito e cuberta de lousa a dúas augas sobre a nave, a catro sobre o presbiterio e a tres sobre o pórtico semipechado da entrada, ten planta de cruz latina, cos brazos ocultos polas sancristías anexadas. Na fachada principal destaca a porta alintelada e o campanario de dous corpos. No seu interior destacan dúas lápidas sepulcrais da familia Verdes--Montenegro, así como o retablo maior do s XVIII e os laterais dos brazos do cruceiro (s XVIII) e da nave (s XIX). No atrio atópase a antiga casa reitoral e un cruceiro.