Skinner, Burrhus Frederic
Skinner, Burrhus Frederic
Psicólogo. Principal popularizador do condutismo, centrouse no estudo dos procesos de aprendizaxe e descubriu un novo tipo de condicionamento da conduta animal, denominado operante ou instrumental. A súa contribución máis coñecida é a caixa de Skinner, unha gaiola para ratas provista dunha panca que, ao ser premida, lles fai chegar o alimento. Promoveu o ensino programado e insistiu no reforzamento como elemento fundamental. Escribiu Science and Human Behaviour (1953), Analysis of Behaviour (1961), escrita xuntamente con J. G. Holland, Beyond Freedom and Dignity (1971) e About Behaviorism (1974).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Susquehanna, Pennsylvania -
Deceso
Lugar : Cambridge, Massachusetts