Škoda

Škoda

Sociedade siderúrxica checa, fundada no ano 1966 polo industrial Emil Ritter Škoda (Cheb 9.11.1839-Plzeň 8.8.1900) en Plzeň. Converteuse na fábrica de armas máis importante do Imperio Austrohúngaro na Primeira Guerra Mundial. Foi controlada polo grupo Schneider, que reconverteu en 1924 as súas actividades cara á fabricación de automóbiles, grazas á fusión con Laurin Klement (1924). Forma parte do Grupo Volkswagen desde 1991.