Snake
Snake
Río de EE UU, afluente pola esquerda do Columbia (1.500 km). Nace no Parque Nacional de Yellowstone, nas Montañas Rochosas. Atravesa o estado de Idaho, entra no de Washington e desemboca no de Columbia, preto da pequena poboación de Pasco.