Sodoma, Il

Sodoma, Il

Pintor italiano. De nome Giovanni Antonio Bazzi, traballou no Vaticano (1508) e no Palazzo Farnese de Roma (1513?), e estableceuse en Siena (1501). Continuou o ciclo iniciado por L. Signorelli no convento de Monte Oliveto Maggiore (1505-1508) e decorou a capela de Santa Caterina en San Domenico (1526). O seu estilo, dentro da corrente manierista, caracterízase por un ton melancólico e afectado, e por unha concepción poética da paisaxe.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vercelli

  • Deceso

    Lugar : Siena