soia
(< xap shoyu)
-
s
f
[PLANTA]
Planta herbácea anual, pubescente, de 40 a 100 cm de altura, con follas alternas, trifolioladas, con folíolos ovado-elípticos, os laterais con pecíolo curto e o terminal cun longo. As flores violáceas son hermafroditas, cigomorfas, pentámeras e están dispostas en acios axilares e os froitos en legume. É orixinaria do SL asiático, onde se cultiva desde a Antigüidade, e posteriormente estendeuse por diversas rexións subtropicais e tépedas do mundo. Emprégase na fabricación de pensos, de produtos dietéticos e sobre todo de aceite. A proteína de soia ten un elevado valor biolóxico, superior á maioría das proteínas vexetais e comparable ás dos animais. A soia é a materia prima ou o ingrediente de importantes derivados, como o leite de soia (útil para os alérxicos ao leite de vaca), a fariña de soia (enriquecedor proteico de alimentos), o queixo de soia ou tofu e os mollos de soia (que resultan da fermentación).
-
s
f
[BOT/ALIM]
Semente desta planta.