Soidade
Soidade
[ONOM]
Antropónimo feminino que procede do latín solitatem ‘soidade’, que só se conserva en hispano romance, derivado de solus ‘só, único, solitario’. É un nome místico que fai referencia á soidade en que se achou a Virxe María despois da morte de Xesús Cristo. A Virxe da Soidade ten en moitas cidades confraría que organiza a derradeira procesión da Semana Santa, a que expresa a dor da nai que volve soa para a casa despois de enterrar o seu fillo. A súa festividade celébrase o Venres Santo.