Sol
Sol
[ONOM]
Antropónimo que procede do latín Sol ‘sol, astro e Deus’. Malia ser un nome común de xénero masculino, utilízase xa desde a Idade Media como nome de pía feminino, posiblemente por influencia relixiosa ou árabe, onde Xams ‘sol’ era un antropónimo feminino (agora Xamsâ). Na relixión romana o Sol era unha antiga divindade indíxena que tutelaba os labregos e á que lle dedicaban o primeiro día da semana, o solis dies.