solidariedade
solidariedade
(< solidario)
-
s
f
Apoio ou axuda que se lle dá a alguén por un sentimento de obriga moral.
-
s
f
-
Relación de fraternidade, de compañeirismo, de recíproco sostemento, que liga os diversos membros dunha comunidade, colectividade, no sentimento de pertenza a un mesmo grupo e na consciencia duns intereses comúns.
-
[SOCIOL]
Concepto elaborado por E. Durkheim en De la division du travail social, mediante o que pretendía dar razón dos vínculos duns individuos con outros co fin de formar a unidade de orde superior que constitúe a sociedade.
-
-
s
f
[DER]
Contrato establecido entre dous ou máis propietarios polo que se comprometen a responder cada un en particular aos danos fortuítos que sobreveñan aos seus bens respectivos. A obriga denomínase insolutum.