solidariedade

solidariedade

(< solidario)

  1. s f

    Apoio ou axuda que se lle dá a alguén por un sentimento de obriga moral.

  2. s f
    1. Relación de fraternidade, de compañeirismo, de recíproco sostemento, que liga os diversos membros dunha comunidade, colectividade, no sentimento de pertenza a un mesmo grupo e na consciencia duns intereses comúns.

    2. [SOCIOL]

      Concepto elaborado por E. Durkheim en De la division du travail social, mediante o que pretendía dar razón dos vínculos duns individuos con outros co fin de formar a unidade de orde superior que constitúe a sociedade.

  3. s f [DER]

    Contrato establecido entre dous ou máis propietarios polo que se comprometen a responder cada un en particular aos danos fortuítos que sobreveñan aos seus bens respectivos. A obriga denomínase insolutum.