solidificación
solidificación
(< solidificar)
s
f
[FÍS]
Paso dunha substancia do estado líquido ou gasoso ao estado sólido mediante a diminución da súa temperatura, a variación da presión ou ambas as dúas accións simultaneamente. É o fenómeno inverso ao de fusión. Para as substancias que son cristalinas en estado sólido, pódese definir, para unha presión determinada, unha temperatura de solidificación ou punto de solidificación, os valores que coinciden cos de fusión correspondentes. Durante a solidificación emítese unha cantidade de calor por unidade de masa, igual á calor de fusión nas mesmas condicións.