Solón

Solón

Lexislador e poeta. Elixido en 594 a C arconte de Atenas, elaborou unha constitución nova que poñía fin ás grandes diferenzas socioeconómicas entre os habitantes da Ática, nivelándoas con moderación. Dividiu a sociedade en catro clases, atendendo á súa fortuna e coa finalidade de limitar os poderes da aristocracia, e creou un tribunal de xustiza popular ao que podían acudir todos os cidadáns. A súa poesía, elexíaca e iámbica, respondeu a un ideal de patriotismo que buscaba fundamento na relixión e na xustiza. Foi recoñecido como un dos sete sabios de Atenas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Atenas

  • Deceso