solonchak*
solonchak*
s
m
[XEOL]
Solo salino de perfil pouco diferenciado, estrutura grumosa e estable e cunha alta proporción de calcio no complexo absorbente. O humus é de tipo mull ou anmoor e o pH é lixeiramente básico. Na súa superficie aparecen eflorescencias salinas brancas na estación seca. O solonchak é frecuente en rexións áridas, e a vexetación que se dá é halófila.