Soloveck

Soloveck

Grupo de illas do Mar Branco situadas en Rusia, na entrada do golfo de Onega, e pertencentes á oblast’ de Arkhangel’sk (800 km2). Na illa principal atópase o mosteiro homónimo (fundado en 1436-1450), foco do Raskol. Durante o réxime soviético converteuse en penitenciaría e en 1991 fóronlle restituídas as funcións relixiosas.