Sonchus

Sonchus
[PLANTA]

Xénero de plantas anuais, da familia das asteráceas, con talos fistulosos, flores liguladas e amarelas e froito en aquenio. En Galicia están presentes as especies S. asper, que ten un talo de ata 120 cm, follas enteiras ou pinnatisectas e florece entre maio e setembro; e S. oleraceus, co talo de ata 140 cm, follas amplexicaules e florece entre abril e setembro.

Palabras veciñas

sonata | Sonata Gallega | sonatina | Sonchus | sonda | Sonda Occidental | Sonda Oriental