sonda
(< fr sonde)
-
-
s
f
escandallo.
-
s
f
Aparato mecánico ou radioeléctrico que se emprega para medir a profundidade do mar ou dun río, nun punto determinado. As sondas radioeléctricas baséanse na reflexión das ondas sonoras ou ultrasónicas emitidas por un emisor e captadas por un receptor. O tempo transcorrido entre a emisión e a recepción das ondas permite determinar a distancia á que se sitúa o obxecto.
-
sonda espacial
[COSMON]
Enxeño espacial non tripulado destinado á exploración automática doutros astros (sondas planetarias e sondas lunares) ou do medio interplanetario (sonda interplanetaria) ou interestelar. A súa traxectoria pode ser aberta, cun fito concreto, ou pechada, de tipo orbital, xa sexa heliocéntrica ou xeocéntrica, cun apoxeo moi afastado. Das sondas lunares destacan as Luna, Lunar Orbiter, Rangers, Surveyor e algunhas Zond. Despois da Luna 24, a primeira sonda lunar foi a Muses, lanzada en 1990. Foron enviadas sondas espaciais á maioría dos planetas do sistema solar e a algúns dos seus satélites, das que destacan a Pioneer e as Voyager, por ser as primeiras e explorar Urano; as sondas Phobos e a Mars Global Surveyor, por ser enviadas a Marte; e a Galileo e a Magalhães a Venus. En 2003 enviouse a primeira sonda espacial europea a explorar Marte, Mars Express, que en xaneiro de 2004 enviou imaxes que demostraron a presenza de xeo nese planeta.
-
s
f
-
-
s
f
[XEN]
Fragmento do ácido nucleico marcado radioactivamente que se utiliza en técnicas de hibridación molecular para detectar secuencias complementarias entre unha gran cantidade de ADN non complementario.
-
sonda de ADN /
[XEN/MED]
Técnica que permite a identificación de xenes específicos mediante o uso dun sector de ADN, obtido por clonación e que é capaz de hibridarse co anaco complementario da cadea de ADN dun individuo. Permite a detección de enfermidades xenéticas, mesmo en fetos.
-
s
f
[XEN]
-
s
f
[MED]
Instrumento cilíndrico de metal, goma ou plástico, ríxido ou flexible, oco ou macizo, que pode presentar un conduto central, destinado a explorar os condutos ou cavidades naturais ou accidentais ou ben a practicar o cateterismo.
-
s
f
[AERON]
globo sonda.
-
s
f
[ENX]
Instrumento de perforación que se emprega para abrir furados moi profundos no solo co fin de recoñecer o terreo, para extraer minerais en estado líquido ou gasoso ou para inxectar cemento ou salmoira para consolidalo ou conxelalo.
-
sonda altimétrica
[METROL]
altímetro de sondaxe.