Sonda, Illas da
Sonda, Illas da
Illas do SL de Asia situadas entre o Océano Índico ao O e S, o mar de China Meridional ao N, o de Arafura ao SL e os de Sulu, Célebes, Molucas e Banda ao NL e L (73.614 km2; 11.112.702 h [2002]). Pertence a Indonesia, excepto o N da illa de Borneo, repartida entre Malaisia e Brunei. As grandes Illas da Sonda inclúen as illas de Borneo, Célebes, Xava e Sumatra, coas pequenas illas adxacentes; e as pequenas Illas da Sonda inclúen Bali, Lombok, Sumbawa, Sawu, Alor, Solor, Flores, Sumba e o sector occidental de Timor. Son illas montañosas e volcánicas e a vexetación é de bosque ecuatorial denso con especies dun gran valor económico.