soprar

soprar

(< lat sufflāre)

  1. v i

    Facer saír da boca o aire vencendo a resistencia dos labios pechados.

    Ex: O rapaz sopraba cando lle mandaban traballar.

  2. v i

    Producir aire por medio dun instrumento adecuado.

    Ex: Soprei co fol.

  3. v i

    Existir vento.

    Ex: Esta noite sopra moito o vento.

  4. v i

    Tomar bebidas alcohólicas en exceso.

    Ex: O teu veciño sopra de máis.

  5. v t

    Encher de aire algo, especialmente o vidro para que colla forma.

    Ex: O artesán sopraba o vidro para facer figuras.

  6. v t

    Dicir a alguén, en voz baixa, algo que descoñecía ou esquecera.

    Ex: Soproulle as preguntas no exame.

  7. v t

    Dirixir o soprido sobre algunha cousa.

    Ex: Soprou trinta candeas polo seu aniversario.

  8. v t [XOGO]

    Comer, no xogo das damas, unha ficha ao xogador contrario.

    Ex: Se fas esa xogada sóproche a dama.

Palabras veciñas

sopranino* | sopranista | soprano | soprar | soprete | soprido | sopro
Conxugar
VERBO soprar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sopro
sopras
sopra
sopramos
soprades
sopran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sopraba
soprabas
sopraba
soprabamos
soprabades
sopraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soprei
sopraches
soprou
sopramos
soprastes
sopraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soprara
sopraras
soprara
sopraramos
soprarades
sopraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soprarei
soprarás
soprará
sopraremos
sopraredes
soprarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sopraría
soprarías
sopraría
soprariamos
soprariades
soprarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sopre
sopres
sopre
sopremos
sopredes
sopren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soprase
soprases
soprase
soprasemos
soprasedes
soprasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soprar
soprares
soprar
soprarmos
soprardes
sopraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
sopra
-
-
soprade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soprar
soprares
soprar
soprarmos
soprardes
sopraren
Xerundio soprando
Participio soprado
soprada
soprados
sopradas