soprete
(< dim de sopro)
-
[TECNOL]
-
s
m
Aparato que permite obter unha chama mediante a combustión dunha mestura dun gas combustible e osíxeno, e que se emprega para obter elevadas temperaturas ou para fundir ou cortar metais. Está constituído principalmente por unha cabeza, en que entra o gas e que leva enroscada outra cabeza, o pico, provista no extremo da boquilla. Os sopretes que se empregan na industria para soldar e cortar clasifícanse en sopretes oxiacetilénicos, cuxo gas combustible é o acetileno, e sopretes oxhídricos, cuxo gas combustible é o hidróxeno.
-
soprete de plasma
Aparato en que se conseguen temperaturas de ata 50.000°C facendo pasar un gas a presión, a través dun arco eléctrico dunha bobina de indución ou dun resonador de alta frecuencia, o que produce un chorro de gas que se emprega para soldar, cortar ou recubrir unha peza por proxección de metais fundidos.
-
s
m
-
s
m
[MÚS]
Parte da gaita mediante a que se introduce o aire no fol. É unha peza cónica cunha canle interior que se encaixa na buxa do soprete a través dun espigo. No remate deste espigo vai colocada unha pequena válvula que impide que o aire expulsado da boca regrese á mesma debido á presión do brazo. A parte que está en contacto coa boca adoita facerse con outros materiais máis resistentes como óso ou plástico. A súa lonxitude pode variar entre 6 e 20 cm.