Sorozábal, Pablo

Sorozábal, Pablo

Compositor. Comezou a súa andaina artística na Orquesta del Casino de Donostia, con Fernández Arbós. Formado en Leipzig e Berlín con F. Koch, en 1919 trasladouse a Madrid. Director da Banda Municipal (1936) e da Orquesta Filarmónica de Madrid (1945), compuxo diversas zarzuelas (La del manojo de rosas, 1934; La tabernera del puerto, 1936), obras sinfónicas de cámara e vocais (Maite e Suite Vasca, 1924) e o musical Don Manolito (1943).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Donostia

  • Deceso

    Lugar : Madrid