Souto
Souto
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, unha aguia pintada en pau de ouro e goles de catro pezas; bordo de goles, cargado de oito cadeados de sable, abertos. Outro trae, en campo de prata, unha árbore de sinople, adestrada de cinco lanzas de ouro, postas en pau e colocadas en faixa, e sinistrada un can da súa cor atado ao tronco, e acompañada de dúas caras de mouro, unha en cada cantón do xefe.