Souto, pazo de

Souto, pazo de

Construción situada en Mera (Ortigueira). Realizado en cachotaría, destaca o balcón da fachada principal, sostido por dúas columnas de granito e balaustrada de ferro fundido. Sobre o portón de acceso destaca un escudo de pedra. O conxunto complétase coas cortes, a capela e o pombal, de planta hexagonal.