Souto, pazo do

Souto, pazo do

Construción situada en Arantei (Salvaterra de Miño). De planta rectangular, realizouse en cantaría e cachotaría. Ten planta baixa e unha altura. Destaca o escudo da fachada, así como a decoración con canzorros, baixo o beiril. Leva cuberta a catro augas. O recinto rodeouse cun muro de cachotaría, en que destaca o portón alintelado.