Souto, Santa María de

Souto, Santa María de

Igrexa parroquial situada en Paderne. Realizada en estilo románico durante o s XII, a principios do s XIX sufriu unha importante reforma. Presenta nave rectangular con nave e ábsida únicas e cuberta a dúas augas. Do primitivo templo só queda o arco triunfal apuntado, a través do que se accede á ábsida e do que destaca a decoración dos capiteis sobre os que se apoia. Tamén destaca a fachada, con escasa decoración, portada alintelada, un pequeno ollo de boi e unha cruz branca pegada á parede. Remata cunha espadana de dous corpos.