Soutopenedo, San Miguel de

Soutopenedo, San Miguel de

Igrexa parroquial situada en San Cibrao das Viñas. Orixinalmente, foi construída en estilo románico, do que só se conserva a decoración con canzorros do beiril. Sufriu varias modificacións en época barroca (ss XVII-XVIII), que afectaron especialmente á cabeceira do templo e á fachada, en que destaca especialmente a torre-campanario rodeada, nun dos seus corpos, por unha balconada. As molduras que rodean a portada, alintelada, recordan ao barroco de placas, e as cornixas curvas rematadas en volutas son de influencia portuguesa.