Spemann, Hans

Spemann, Hans

Biólogo alemán. Estudou medicina, bioloxía e física nas universidades de Heidelberg, Múnic e Wurzburgo. Os seus experimentos sobre embrións de anfibios demostraron que a capacidade morfoxenética das células embrionarias non se fai específica ata un momento avanzado da embrioxénese, e que esta especificidade é inducida por unha zona do embrión que el denominou organizador. Entre as súas obras destacan Zur Theorie der tierischen Entwicklung (Teoría no desenvolvemento nos animais) e Experimentelle Beiträge zu einer Theorie der Entwicklung (Probas experimentais dunha teoría do desenvolvemento, 1936). En 1935 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polo descubrimento da indución embrionaria.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Stuttgart

  • Deceso

    Lugar : Friburgo