Spinola, António Sebastião Ribeiro de
Spinola, António Sebastião Ribeiro de
Militar e político. Xeneral (1966), foi comandante en xefe do exército na Guinea portuguesa (1968-1973) e xefe adxunto do estado maior (1973-1974). Foi destituído polo seu desacordo coa política colonial de M. Caetano, expresado en Portugal e o futuro (1974). Representante do Movimento das Forças Armadas, encabezou o novo réxime xurdido da Revolução dos Cravos e converteuse en presidente da república (15 de maio-30 de setembro de 1974). En 1975 intentou sen éxito dar un golpe de estado. Exiliado durante un tempo (1975-1976), en 1978 foi rehabilitado na condición de xeneral e en 1981 ascendeu a mariscal.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Estremoz, Alto Alentejo -
Deceso
Lugar : Lisboa