Spinoza, Baruch de

Spinoza, Baruch de

Filósofo. Pertencía a unha familia xudía orixinaria da Península Ibérica, de onde tivo que exiliarse. Celoso da súa independencia ideolóxica, marxinouse de todas as confesións relixiosas e dos medios universitarios. Imbuído da esixencia matemático-racionalista, perseguiu todo rastro de arbitrariedade da concepción da realidade e afirmou que nada pode ser necesario, determinante. Esta convicción é a razón fundamental da súa hostilidade a todo o sobrenatural e o libre. Só existe, entón, unha substancia ilimitada que manifesta a súa riqueza ontolóxica en infinitos atributos, cada un dos cales reviste tamén infinitas concrecións ou modos. Das súas obras destacan Tratado sobre Deus, o home e a felicidade (1660) e Tratado político (1675-1677).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Amsterdam

  • Deceso

    Lugar : A Haia