Spranger, Eduard Franz Ernst

Spranger, Eduard Franz Ernst

Filósofo, psicólogo e pedagogo alemán. Investigou os diversos tipos humanos (home teórico, económico, estético, social, relixioso e de poder) e creou unha filosofía dos valores e unha pedagoxía como ciencia do espírito. Destacan as súas obras Lebensformen. Geistwissenchaftlicheit (Formas de vida. Psicoloxía das ciencias humanas e ética da personalidade, 1914), Kultur und Erziehung (Cultura e educación, 1919), Der geborene Erzieher (O educador nato, 1958) e Menschenleben und Menchsheitsfragen (A vida humana e a cuestión da humanidade, 1963).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Gross Lichterfelde, Berlín

  • Deceso

    Lugar : Tübingen