Staphylinus

Staphylinus
[ANIMAL/ENTOM]

Xénero de coleópteros, da familia dos estafilínidos, co corpo alongado, antenas sinxelas, separadas na base, élitros curtos e abdome flexible. Algunhas especies deste xénero son comúns na Península Ibérica.