Staphylococcus
Staphylococcus
[MONERA]
Xénero de bacterias, da familia das micrococáceas, que xeralmente aparecen agrupadas en acios, aínda que poden aparecer illadas ou en parellas. Son esféricas, inmóbiles, Gram-positivas e anaeróbicas facultativas. Fermentan azucres, producen ácido láctico como produto maioritario, forman parte da microbiota normal da pel e das mucosas do home e dos animais, e algunhas son patóxenas, como a especie S. aureus, responsable de meninxites ou endocardites, e de furúnculos e pústulos e de intoxicacións alimentarias causadas por unha enterotoxina que sintetizan.