Stevenson, Robert Louis
Stevenson, Robert Louis
Escritor. Foi autor de compilacións de impresións como An Island Voyage (1879) e Travels with a Donkey in the Cévennes (1879) e de ensaios como Familiar Studies of Men and Books (1882), The New Arabian Nights (1882), Memories and Portraits (1887) ou In the South Seas (1896), pero deuse a coñecer sobre todo polas súas novelas de aventuras, entre as que destacan Treasure Island (1883), Kidnapped (1886), The Black Arrow (1888), e o relato de terror Dr. Jekyll and Mr. Hyde (1886). Escribiu tamén The Master of Ballantrae (1889), The Wrecker (1892), e a inacabada Weir of Hermiston (1896), ademais dos volumes de poesía A Child’s Garden of Verses (1895) e Underwoods (1895).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Edimburgo -
Deceso
Lugar : Upolu, Samoa