stupa*
stupa*
s
m
[RELIX/ARTE]
Monumento budista de tipo funerario, orixinario da India, destinado a gardar as reliquias de Buda ou a recordar os seus feitos memorables. Na tradición pāli denomínase dagoba. Estrutura maciza de pedra non tallada, en forma semiesférica ou de campá, está decorada cunha balaustrada cun pau que sostén un ou máis parasoles de honra (Sanchi s III a C). Deu orixe a outras formas arquitectónicas, como o pagode chinés.