Suárez Núñez, Xosé María

Suárez Núñez, Xosé María

Médico e político. Doutor en Medicina e Cirurxía, foi catedrático de Anatomía na Universidade de Santiago de Compostela, da que foi reitor (1978-1984). Baixo o seu mandato impulsáronse os colexios universitarios da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo e creáronse as facultades de Física, Veterinaria e Estomatoloxía. Foi senador pola provincia da Coruña por UCD na lexislatura constituínte (1977-1978). Membro fundador da Sociedad Española de Cirugía Maxilofacial, escribiu Aportaciones al estudo de las vías vestibulares (1958) e, xunto con J. M. Suárez Quintanilla, Los Odontomas (1986).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela

  • Deceso