Sucasas Guerra, Afonso

Sucasas Guerra, Afonso

Pintor. En Brasil iniciou a súa formación en debuxo, fixándose na visión muralista de Cándido Portinari, a quen nun principio seguiu. En 1968 regresou a Galicia, onde continuou a súa traxectoria como pintor. Principalmente abarcou a temática costumista (Faenas de campo; Contas da feira, 1982) e relixiosa (Expulsión, 1991; Magdalena, 1985; Santiago Peregrino, 1992), con grupos de figuras caracterizadas por unha rexa anatomía e o xesto teatral, próximo á máscara (Entroido, 1992; Os xenerais do Marco, 1998), ademais de importantes escorzos (Mamá Ramona, 1986; Pecados capitais, 1992). Tamén tratou con frecuencia o nu (Bañista, 1999) e evolucionou cara ao expresionismo e a abstracción. Na súa paleta predominou o uso de cores quentes, especialmente ocres, verdes e amarelos (Calvario, 1998; Partida en Lamparte, 1992-1999). Ademais de As ofrecidas da Lanzada (1996-1999), Cacharela (1998) ou Xogadores do Feal (1998) destacan serigrafías como Gran Hotel da Toxa (1997). A súa obra expúxose en museos de Galicia e de América.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lalín