Sucisa
Sucisa
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das dipsacáceas, con flores dispostas en capítulos. En Galicia está presente a especie Sucisa pratensis, de 20 a 100 cm de altura, que ten follas opostas, elípticas e lanceoladas, e capítulos de flores de cor azul. Aparece en prados e bosques húmidos, onde florece entre xullo e outubro.