Suckert, Kurt Erich

Suckert, Kurt Erich

Escritor e xornalista italiano. Coñecido como Curzio Malaparte, uniuse ao partido fascista de Mussolini, aínda que nunca estivo conforme coa liña ortodoxa, que atacou na súa obra, polo que foi condenado a cinco anos de cárcere, que despois lle serían conmutados. Destacan Tecnica del colpo di stato (1931), Fughe in prigione (1936) e Maledetti toscani (1957). Dirixiu o filme Il Cristo proibito (1950)

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Prato

  • Deceso

    Lugar : Roma