Sucre
Sucre
Capital lexislativa do estado e do departamento de Chuquisaca, Bolivia (194.888 h [2001]). Ten refinaría de petróleo. Fundada en 1538 por Pedro Anzúrez sobre un poboado indio, converteuse no centro da explotación e o comercio de prata do alto Perú, e no centro administrativo, económico e cultural. Ocupada por José de Sucre, en 1825 converteuse na capital da República Bolívar, recoñecida en 1839, e en 1840 cambiou o nome (La Plata ou Charcas) polo de Sucre. En 1898 resistiuse ao traslado do goberno a La Paz, capital do estado, e estalou unha guerra civil, ata que se chegou ao acordo de que La Paz sería a sede do goberno e Sucre a capital lexislativa. A cidade histórica foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1991).