sufraxismo
sufraxismo
(< sufragio)
-
s
m
[HIST/SOCIOL]
Movemento pola consecución do sufraxio universal.
-
s
m
[HIST/SOCIOL]
Movemento en defensa da consecución do voto feminino, que tivo a súa orixe en Reino Unido, e cuxa figura máis importante foi Emmeline Pankhurst, fundadora da Women Social and Political Union (1903). En 1917 obtiveron un dereito a voto restrinxido, e ata 1928 non chegaron a conseguilo plenamente. En EE UU este non se conseguiu en todos os estados ata 1919, coa aprobación da emenda constitucional nº 19. O movemento triunfou tamén en Europa: en Finlandia (1907), URSS (1917), Suecia (1918), e nos anos seguintes en Alemaña, Italia, Austria ou Francia (1946). En España o dereito ao voto para as mulleres foi aprobado durante a Segunda República (1931).