sufraxio

sufraxio

(< lat suffragĭu)

  1. s m [RELIX]

    Obra pía feita polos fieis con vistas a obter para outro, vivo ou defunto, a remisión das penas temporais debidas aos seus pecados xa perdoados.

  2. s m

    Manifestación da propia vontade por medio de calquera procedemento, xeralmente por un voto.

  3. s m [POLÍT/DER]

    Manifestación da propia vontade por medio dun voto nunhas eleccións para a provisión dun cargo ou para calquera outro tipo de consulta. Segundo o procedemento de elección pode ser sufraxio directo (cando o elector elixe directamente os seus representantes) ou indirecto (cando o elector designa un intermediario coa misión de elixir os representantes). Atendendo á composición do electorado, o sufraxio pode ser restrinxido ou censitario (que queda limitado pola raza, a situación económica) ou universal (que supón o dereito a votar para toda persoa que teña a maioría de idade política).

Palabras veciñas

sufocar | sufragáneo -a | sufragar | sufraxio | sufraxismo | sufraxista | sufríbel