Suintila

Suintila

Rei visigodo (621-631). Xeneral de Sisebuto, foi elixido ao morrer o fillo deste, Recaredo II. Loitou contra os vascos e cántabros, expulsou os bizantinos e dominou case toda a Península Ibérica. Derrocado por Sisenando, duque de Septimania, foi expulsado da Península Ibérica.