suite

suite

(< fr suite)

  1. s f

    Conxunto de dúas ou máis cámaras dun hotel, comunicadas entre elas, que constitúen unha unidade de aloxamento.

  2. s f [MÚS]
    1. Composición de diferentes movementos formada por unha sucesión de pezas instrumentais de número indeterminado e de ritmos diferentes, cunha vinculación tonal e de estilo. O seu núcleo primitivo foron dúas danzas medievais, unha moderada e outra rápida, e foise ampliando cara ao s XVI cunha cuarta e unha quinta danza. En 1557 aparece o nome de suite nunha colección publicada por Attaignant e desde o s XVII estableceuse unha modalidade predominante, aínda que, a partir da segunda metade do s XVIII foi substituída por outras formas e desapareceu.

    2. Conxunto de fragmentos instrumentais de carácter diverso, tomados dunha ópera ou dun ballet, ou tamén ligados por unha temática común.

Palabras veciñas

Suintila | suirirí | Suita | suite | Suíza | suízo -za | Sukabumi