Sulpicio Rufo, Publio
Sulpicio Rufo, Publio
Maxistrado romano. Legado romano de Pompeo na guerra mársica, foi tribuno (88 a C) e propuxo catro leis (leis sulpicianas) que favoreceron a situación política para Mario en contra de L. C. Sila. Ordenou retirarlle a Sila o mando da guerra contra Mitridates e darllo a Mario. Daquela Sila asaltou Roma e anulou as leis sulpicianas. Morreu traizoado por un escravo.
Cronoloxía
-
Deceso