Sulston, John E.
Sulston, John E.
Biólogo inglés. Estudou Ciencias Naturais na University of Cambridge, onde se doutorou (1966). Traballou no Laboratory of Molecular Biology e foi director do Sanger Centre de Cambridge (1992-2000). Estudou e descifrou a secuencia completa do xenoma do gusano Caenorhabditis elegans. En 2001 o seu equipo do Sanger Centre recibiu o Premio Príncipe de Asturias e en 2002 foille outorgado, xunto con S. Brenner e H.R. Horvitz, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polos seus descubrimentos sobre a regulación xénica mediante a morte celular ou apoptose.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Cambridge