Sun Yatsen

Sun Yatsen

Revolucionario e nacionalista chinés. Coñecido tamén como Sun Wen, en 1894 fundou a Asociación para a Restauración da China, ingresou na sociedade secreta das Tríades e foi a Occidente (1895). En Xapón fundou a Tongmenghui (Asociación da Alianza, 1905), que en 1912 transformou no Guomindang. En 1911 foi elixido presidente da república en Nanjing. Posteriormente constituíu en Shanghai, e despois en Cantón (1918), un goberno revolucionario que tiña como programa os Tres Principios do Pobo: nacionalismo, democracia e benestar social.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Xiangshan, Guangdong

  • Deceso

    Lugar : Pequín